Tempo de magosto!

O pasado domingo día 13 de novembro reunímonos Manda e Tropa para pasar un día xuntos co gallo da celebración do tradicional magosto e así tamén coñecernos un pouquiño máis xa que a nosa actividade está moi centrada, pero como ten que ser, en cada unha das seccións.

Encántanos o magosto porque é unha celebración popular no monte, que é o escenario favorito para as nosas aventuras, e ademais facemos lume, sempre con seguridade, que é tamén algo moi característico da vida de exploradoras/es que tanto nos agrada recrear. Nesta ocasión o Alto do Cumial, cunha magnífica vista da cidade, foi o lugar escollido para este enxebre celebración.

vistas Ourense dende O Cumial

Para facer lume normalmente tomamos moitas precaucións para evitar que escape e produza un incendio, mais nesta ocasión aconteceu todo o contrario e tivemos que gastar moito tempo e moitísimos esforzos para arrancar o lume pois toda a leña que puidemos apañar esta moi húmida polas intensas chuvias dos días precedentes. Pero como o scout e responsable e non deixa nada a medias, aplicamos a tenacidade ata conseguir arrancar un lume que nos deu para facer nas escasas brasas que conseguimos uns suculentos chourizos que souberon a gloria.

magosto no cumialHoubo tempo tamén para a diversión con xogos e unha intensa e moi disputada Quiniela Tola, organizada por Helena, que a través de moi absurdas e divertidas probas puxo a proba o enxeño e a capacidade de traballo en grupo dos nosos scouts.

Аватар пользователя ILEX
by ILEX
from Spain, 3 года назад
Are you sure you want to delete this?
Welcome to Scout.org! We use cookies on this website to enhance your experience.To learn more about our Cookies Policy go here!
By continuing to use our website, you are giving us your consent to use cookies.