Congreso Internacional de Xuventude : Escuteiros falar educación non formal

De Viernes, Octubre 25, 2013 hasta Sábado, Octubre 26, 2013

Os vindeiros días 25 e 26 de outubro, l'ASDE - Scouts de Galicia participará activamente no Congreso Internacional de Xuventude organizado pola Dirección Xeral de Xuventude en Ribeira (A Coruña).

O Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, ofrece un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen.

A temática do Congreso incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen, sen dúbida, as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.

Neste proxecto terán cabida as iniciativas ou experiencias dos concellos, dos mozos e mozas e das entidades que traballan no ámbito da xuventude, constituíndo un espazo que funcionará como escaparate para a mocidade, para as entidades xuvenís e para as persoas emprendedoras.

Alén das diversas conferencias, mesas redondas e relatorios programados, o congreso contará con moitas outras actividades no eido da creatividade, o emprego e a participación xuvenil. Haberá zona expositiva, paneis de experiencias, showrooms... así como actividades de ocio (actuacións musicais, teatro na rúa, exhibicións de cultura urbana, etc.).

Updates

There are no updates for this event

Are you sure you want to delete this?
Welcome to Scout.org! We use cookies on this website to enhance your experience.To learn more about our Cookies Policy go here!
By continuing to use our website, you are giving us your consent to use cookies.